domingo, 28 de febreiro de 2016

Saimos na prensa! Portada do Barbanza!



Pois aquí estamos! Lorena, Laura e a mestra Sonia Lebedynski na Casa da Cultura de Boiro botándolle unha peza con compañeiras dos coles de Cespón, Abanqueiro e Santa María do Castro.
 O 24 de febreiro asistimos ao concerto-presentación do disco-libro Alegría do músico brasileiro Sérgio Tannus. A mestra Sonia Lebedynski colabora nalgunhas pezas deste libro-disco e acompañou aos músicos do Alegría a cantarlle as nenas e nenos de Boiro.
 Pasámolo xenial e nun dos temas subimos nenos e nenas de todos os coles que alí estabamos...e vaia se cantamos! Ao día seguinte levamos unha sorpresa moi agradable...saíamos na portada do periódico La Voz de Galicia, na súa edición do Barbanza!!Que dura é a fama! ;)
L2, iso quere dicir...a páxina 2 da sección local.
Na versión online atopamos máis fotos na galería de fotos, do concerto e da celebración do Día de Rosalía na Barbanza, incluindo os Obradoiros de poesía.

O libro-disco Alegría

Se queredes facervos con este bonito traballo o tendes dispoñible nas librarías de Boiro:





Para quenes non coñezades este traballo deixamos algúns videos:

 

Alegriiiiiaaa....yes, por moitas nubes que haxa, grandes ou pequenas.

Día da Candeloria. Día do amor en galego

Podemos querer en galego? podemos namorarmos en galego? podemos dicir cousas bonitas a alguén que nos gusta en galego? podemos querer aos amigos e as amigas en galego?...abofé que si! A nosa lingua ten palabras ben fermosas para expresar os sentimentos.
Na primeira semana de febreiro puxémonos a proba...escribimos mensaxes de amor e de amores en galego, compuxemos postais cheas de corazóns que gardan moitos tipos de amores; os amores das amizades, os amores das familias, os amores das parellas...Falamos do amor con naturalidade e en galego...deixamosvos unhas imaxes desta semana tan amorosa!



















 O noso photocall!

















Cantigas e estrofas que falan de amor...













e artísticos corazóns decorados con axuda das familias.


24F :: A nosa Rosalía

Se hai unha muller galega á que lle debemos tanto, esa é Rosalía de Castro.  Este ano celebramos o seu 179 aniversario lembrando a súa histotoria. Semana de Rosalía no noso centro cunha mostra de poesía e obras da autora que estiveron expostas nos corredores acompañadas das músicas do disco-libro Rosalía Pequeniña. O día 24 de febreiro asistimos á biblioteca para lembrar á nosa Rosalía. Coñecémola, lémola, escribímola, pintámola...sentímola!

Preparamos un mural co seu retrato e pintamos as súas flores favoritas...os pensamentos...

Fixemos un "listening" galego ca canción "Rosalía pequeniña" onde tiñamos que descubrir que palabras faltaban:
 Xuntámonos na biblio para lembrala...




 O noso mural:
 As mestras Ermi e Sonia viñeron "armadas" co espíritu rosaliano á escola!


Carta a Rosalía, recitados e poemas musicados! Unha boa selección de poemas representados e recitados en distintos estilos, individual,
 a modo de regueifa...
 Dialogado ou complementado...
 E mesmo a modo de rap!

 Gastronomía, Lingua, paisaxe, traballos de mar e terra , pensamentos e dor...



Miña terra galega!











Cuarto curso demostrou moito arte e coordinación para deleitarnos con un recitado a coro, en grupos. Xenial. Nótase que ensaiaron moitísimo para que todo saira ben!
Reescribíronse os poemas e ilustráronse. Outros foron gravados para montar en breve un Podcast especial recital de Rosalía.
O público quedouse con ganiñas de máis, de recitar e de escoitar!