venres, 1 de xullo de 2016

GRAVANDO E EDITANDO NA LINGUA DE MANUEL MARÍA!

 COMO SE FIXO O DISCO...

Grazas a Jose Luis Miranda, da Escola de Música de Boiro pola axuda para gravar e editar o disco Na Língua de Manuel María.

A verdade é que foi  toda unha experiencia para nós. Cada grupo foi baixando á Aula de Música (recentemente insonorizada) para  gravar a súa parte.

 O primeiro en gravar foi Moncho, a Carta aos nenos...escoitamos:




A banda dos máis pequenos e as máis pequenas do cole, Infantil de 3 aniños, O GALO









O grupo de Infantil 4 anos cántanlle á LÚA





O grupo de Infantil de 5 anos, O CARRO!

  


O grupo de de EP ,,A RODA.



 
O grupo de de EP canta MIÑA DOCE AMIGA:




O grupo de de EP, O MAR e O VENTO.

  



O grupo de de EP, A DORNA
 


 O grupo de de EP, A FALA!




O grupo de de EP , GALICIA!



Rapeando a Manuel María



A súa biografía máis destacada







PRESENTACIÓN DO LIBRO DISCO NA LINGUA DE MANUEL MARÍA

O contido do disco é moi completiño e variado. Inclúe desde a Carta aos nenos na voz do mestre xubilado Moncho até unha breve biografía que inclúe vida e obra de Manuel María rapeada polos de sexto.

Por aulas ,fomos preparando o modo de representar en audio o noso poema, xa musicado, versionado, recitado colectivo, recitado moderno,...

Para a gravación das pezas tivemos a axuda da Escola de Música de Boiro. Non lles importou pasar toda una mañá na clase de música do noso colexio. Cada grupo ía pasando e gravando a súa parte. No disco tamén participan algunas nais e avoas. Ata as da limpeza se arrancaron con algúns versos e temen a súa participación.
Todo o proceso foi fantástico, estivo cheo de emoción, de maxia e de aprendizaxes variados. Moitos ensaios para que todo saira ben.
Pois co esforzo de todos e todas conseguimos ter o noso disco!
O venres 17...pero de xuño, logo dun mes da celebración oficial das Letras, foi o noso Acto oficial de presentación do disco. No colexio.
Unha alegre e colorida escea no ximnasio. Panel onde quedaban prendidos todos e cada un dos poemas 40x40, vestidos por un papel elegante e especial.

  As Letras de presentación e un tendal onde se expuñan os traballos ordenados. As distintas ilustracións desde os máis pequenos de Infantil até o sexto curso de Primaria. O público, agardando que comezara a función.




Os presentadores...Paula e David de sexto, que o fixeron xenial!
O acto comezou coa lectura da Carta aos nenos. Esta vez foi Gerardo o que entoou as verbas do poeta.
Espertou ao público O  Galo moi alegre, o do grupo de Infantil de 3 aniños.
O grupo de catro anos cantáronlle Á  Lúa dos Soños na Gaiola.

O que cantou tamén foi O Carro dos de 5anos, xa que na Chá non canta ninguén.
Do Carro, á Roda Roda da rapacería de 1º curso.
2º curso interpretou unha peza moi especial: Miña doce amiga.
3º curso, con enerxía recitou ao moderno a loita de dúas forzas potentes na nosa Terra: O mar e O vento.
Sen saír do mar, 4º curso amosou a dorna mariñeira, xentil e lixeira.
Os maiores do cole 5º e 6º repartíronse os poemas máis comprometidos con Galicia e a Nosa Lingua.
A fala! e Galicia. Os mesmos de sexto, rapearon de xeito moi orixinal a vida e obra do autor homenaxeado.

Cada grupo explicou como fixo a ilustración, que técnica e que materiales foron utilizados.
Os versos...non se quedaron no cole. Á saída había un gran tendal de versos para levar. Así que os rapaces e as familias puideron levar para a casa versos de cores escritos do puño e letra do noso alumnado.
Foi unha celebración grande, moi emotiva. Participou todo o colexio e foi xenial! Agardamos que os versos de Manuel María vos acompañen sempre xa que...un bo poeta leva sempre versos na maleta!!