luns, 28 de decembro de 2015

DA FALA E DA ESCRITA...DE ESCARABOTE A SANTA RITA!


A NOSA IRMANDADE

DA FALA E DA ESCRITA ...DE ESCARABOTE A SANTA RITA.

Polo uso da Lingua Galega, a diferenciación entre as falas e a escrita normativa.


CEIP DE ESCARABOTE. Concello de Boiro. A Coruña.

CEIP Plurilíngüe SANTA RITA. Concello de Viveiro. Lugo.


 Do Atlántico ao Cantábrico. Rías Baixas e Rías Altas.Da Barbanza á Mariña.

Intercambio de falas, de escritos, de audios Podcast e de audiovisuais (videos)
Moitas oportunidades de aprender sobre a nosa Lingua, a nosa Terra  e a nosa Cultura.

Que se escoiten, se lean, se falen e se escriban. Perciban as diferenzas na fala das distintas zonas xeográficas, intercambien léxicos, aprendan vocabulario, expresións, e practiquen a normativa da RAG 2003, para o Galego escrito.