A NOSA IRMANDADE
DA FALA E DA ESCRITA ...DE
ESCARABOTE A SANTA RITA.
Polo
uso da Lingua Galega, a diferenciación entre as falas e a escrita
normativa.
CEIP
DE ESCARABOTE. Concello de Boiro. A Coruña.
CEIP
Plurilíngüe SANTA RITA. Concello de Viveiro. Lugo.
Do Atlántico ao Cantábrico. Rías Baixas e Rías Altas.Da Barbanza á Mariña.
Intercambio
de falas, de escritos, de audios Podcast e de audiovisuais (videos).
Moitas oportunidades de aprender sobre a nosa Lingua, a nosa Terra e a nosa Cultura.
Que se escoiten, se lean, se falen e se escriban. Perciban as diferenzas na fala das distintas zonas xeográficas, intercambien léxicos, aprendan vocabulario, expresións, e practiquen a normativa da RAG 2003, para o Galego escrito.
3º e 4º curso comezaron o seu intercambio epistolar: correo postal(cartas), como se comunicaban antaño, os avós. E na emigración.
Comezou 3º curso cos seus sobres de cor verde. Escribiron para presentarse de terceiro a terceiro.
Non tardaron en recibir resposta; os sobres amarelos de Galdo, contestando ás misivas. Así, puideron comparar colexios e encontrar moitísimas semellanzas. Aprenderon a cubrir os sobres cos datos pertinentes para que as cartas cheguen ao destino e ao destinatario desexado.
Non tardaron en recibir resposta; os sobres amarelos de Galdo, contestando ás misivas. Así, puideron comparar colexios e encontrar moitísimas semellanzas. Aprenderon a cubrir os sobres cos datos pertinentes para que as cartas cheguen ao destino e ao destinatario desexado.
4º curso, presentáronse primeiro como grupo. Tiraron de foto co fondo da pista de cores. Enviaron foto etiquetada e foto sin etiquetar. Escribiron unha carta con parágrafos das distintas letras manuais do grupo e logo...engadiron as presentacións individuais, decoradas e con soportes de cartolinas de cores. Meteron todo nun gran sobre e enviaron para Galdo. A resposta de Galdo chegou o último día antes das vacacións de decembro. A resposta colectiva, fotos de Viveiro e as presentación individuas. Mandaron Postais de Nadal!
2º curso ocurríuselles empregar tamén o correo postal pero...en formato postal turística. Transformando fotografías de Escarabote convertidas en fermosas postais, os rapaces e rapazas de segundo escríbenlles unhas palabras aos homólogos de 2º de Galdo. Escriben nome, apelidos e enderezos do destinatario parra que as postais cheguen ao seu destinatario. Galdo tamén fará as súas postais turísticas de Viveiro para poder contestar ás palabras que lles envían desde Escarabote.
Sabemos que o mestre de música de Galdo, Marcial Miramontes anda a preparar uns Podcast con 5º e 6º... Estaremos preparados para respostar e formar parte da súa Radio.
1º curso e EI teñen intención de facer intercambios audiovisuais, videos para presentarse e contar cousiñas. Os pequenos e pequenas da pantalla, a fala e o movemento! Expresividade oral!
Así iranse coñecendo, comunicando, intercambiando intereses e aprendizaxes. En Maio ou xuño esperamos a visita de algún grupo representativo de Galdo. Para o vindeiro curso , será unha representación do colexio de Escarabote a que faga visita a Galdo. Nestas visitas de intercambios presenciais trátase de elaborar actividades conxuntas.
Coma unha verdadeira Irmandade! Un Comenius á Galega.
Da fala e da escrita...de Escarabote a Santa Rita!
De Boiro e Viveiro...para o mundo enteiro. Compartimos o millo, sementes boas para recoller unha colleita de moitas aprendizaxes! Sobre a Lingua, a nosa Cultura, a nosa paisaxe. A nosa identidade!
Nada disto sería posible de non ser polo gran esforzo de coordinación que se está a levar polos Equipos de Dinamización de ámbolos dous colexios, coidando a Irmandade, con coordinación e seguimiento. Poñendo moita ilusión e traballando moito neste Proxecto.
Aprendemos moito e aprendemos todos e todas, non si?
Nada disto sería posible de non ser polo gran esforzo de coordinación que se está a levar polos Equipos de Dinamización de ámbolos dous colexios, coidando a Irmandade, con coordinación e seguimiento. Poñendo moita ilusión e traballando moito neste Proxecto.
Aprendemos moito e aprendemos todos e todas, non si?
Ningún comentario:
Publicar un comentario