NOVIDADE, NOVIDADE!
Para poder participar deste blogue "xogando" a ser xornalistas, creamos o....
Grupo Editorial AgroMar Adiante, formado por alumnado de 4º, 5º e 6º EP xunto con docentes membros do EDLG e algunha nai.
Este Grupo Editorial encargarase de documentarse sobre as actividades do centro, tomar nota, redactar, sacar fotos e manexarse coas tecnoloxías...
Reunímonos para traballar,voluntariamente, en horario non lectivo de pola tarde mércores ou xoves.
O obxectivo é ,ademais de toda a aprendizaxe que conleva, é levar conta das Actividades que levamos a cabo para Dinamizar a Lingua e procurar manter o blog actualizado.
Aprender facendo! O feito de participar con finalidade de publicar implica consultar dúbidas, facer correccións e intentar expresarse cada vez con máis soltura na Nosa Lingua.
Esperemos que vos gusten as nosas publicacións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario