luns, 3 de xuño de 2019

ROMARÍA DAS LETRAS

No mes de Maio, en Boiro teñen lugar dúas festas que gardan moita relación coa arte e a artesanía galega:
  • Maio Vintage
  • A Romaría das Letras
No noso colexio tratamos de facer ,en Comunidade, a nosa Romaría das letras 2019. Obradoiros artesanais e exposición dos traballos feitos sobre o escritor homenaxeado nas Letras.
Como nos organizamos?

O ANTES
O alumnado de 3º E. Primaria foi o encargado de diseñar o Cartel anunciador da Romaría das Letras no CEIP de Escarabote este ano. Establecéronse unhas bases escritas co texto que o cartel debería levar e a proposta de ter o traxe rexional galego e a artesanía como tema principal. 


Que bos carteis fixeron! Foi moi dificil escoller unha única opción ...entre tanto traballo ben feito...






Infantil fixo un grande mural-collage co rostro do homenaxeado este ano nas Letras 2019: Antonio Fraguas Fraguas. Que ben quedou Don Antonio e que elegante co seu traxe de cadros...Artistada!


Ao alumnado de 1º e 2º E. Primaria propúxoselles facer boas caricaturas de Antonio Fraguas para logo incluir en marcapáxinas o día da Romaría. O traballo das caricaturas tivo moito éxito así que esta actividade abriuse a todo o alumnado. Infantil quixo facer caricaturas...e traballaron moito.

Como nos sorprenderon as coloridas e curiosas caricaturas tanto de Infantil como de 1º e 2º curso de Educación Primaria!
Artistas de 3 anos:







Artistas de 4 anos:





Artistas de 5 anos:








4º de E. Primaria aportou un traballo sobre Antonio Fraguas moi interesante...Logo de traballar sobre o homenaxeado das Letras 2019...quixeron traballar o audio Podcast...
Ante os carteis gañadores deste ano e a interesantísima Unidade didáctica que os acompaña...reflexionaron en que o texto dos carteis estaba adaptado a pictogramas. Cartel e texto en pictogramas...accesible...Máis para ser ainda máis inclusivos...adaptaron a exposición dos carteis en audio...Fixeron unha audioguía.
Alumnado de sexto axudou a facer as descricións dos carteis. Alumnado de 4º repartiron o texto e practicaron ben a parte que lle tocou a cada parella.
Gravaron cada fragmento co Audacity e logo o Equipo fixo traballo de edición.

O alumnado de 5º de E. Primaria traballou banda deseñada. Unha vez coñecida a vida de Antonio Fraguas elaboraron por grupos banda deseñada Antonio Fraguas.



PREPARACIÓN DOS OBRADOIROS

Mandouse unha nota ás familias comunicando que tipo de Romaría queríamos facer e pedimos a súa colaboración tanto se querían ofertar un obradoiro ou se querían botarnos unha man para poder desenvolver os obradoiros que se propuxeran.
Por parte das familias chegaron propostas moi boas. Fixemos unha escolla entre aquelas propostas axustadas ou relacionadas con Romaría, traxe tradicional, xogos populares, cestería...Por relacionalo con Antonio Fraguas Fraguas...e logo segundo o material necesario (baixo custo e doado de conseguir).
Obradoiros de mestras e familias:
  • Pandeiretas
  • Monteiras
  • Bandeira de Galicia con Hama. Chaveiro
  • Música e Baile Tradicional
  • Montaxe de Marcapáxinas
  • Elaboración de moedeiros de banda deseñada.
  • ArteMar
  • Espazo de Biblioteca escolar

Na nosa Romería tamén queriamos incluir algún obradoiro de expertos. Chamamos á Asociación ÁMBAR para que viñeran a facer eles o obradoiro de cestería e así xs nenxs fixeran algunhas pezas entre todxs.
Tamén chamamos a varias Asociacións 



mércores, 8 de maio de 2019

IDENTIDADE GALEGA. ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

Para poder documentarse e traballare para levar a cabo toda a proposta variadada de actividades homenaxeando a Antonio Fraguas Fraguas, o Equipo de Dinamización da Lingua e da Cultura pretende presentar nesta entrada un banco de recursos con diversas informacións e até interesantes propostas de actividades.

Parabéns ao CEIP Xesús de San Luis Romero, de Carballo non só polos artísticos e ben deseñados carteis gañadores, senón tamén pola calidade da Unidade didáctica e a variada proposta de actividades e recursos. Neste primeiro enlace podedes ir directos aos carteis, ás actividades por niveis, as regras decoradas cos carteis, marcapáxinas, fotos para facer a caricatura,...

Ligazón  aos carteis e recursos relacionados

Recursos do Seminario Galán: Álbum de fotos, Actividades en liña e Documentos para imprimir (Biografía e actividades por niveis).

Ligazón aos recursos do Seminario Galán

Tamén, sempre de moi boa calidade...non nos podemos perder o Telexornal do CPI dos Dices, de Rois. Moi ben montado! Identidade galega, etnografía e bondade é o resumo...
Máis de 10.000 libros da súa biblioteca particular donopu á Biblioteca do Museo do Pobo Galego... Con que agarimo falan a xente que coñeceu a Antonio!




Tamén é moi interesante ver e escoitar falar ao propio Antonio Fraguas:




xoves, 28 de febreiro de 2019

IRENE SILVA .O TESOURO DA LINGUA E ROSALIA TOTAL


O venres 22 de febreiro foi unha mañá moi especial no CEIP ESCARABOTE pola visita de Irene Silva e Fátima Granja.  Xuntamos  dúas celebracións!

21 F Día da Lingua Materna, da Lingua Primeira
24 F Día de Rosalía... Febreiro e Marzo de Poesía

Irene e Fátima viñeron a Escarabote cun enorme corazón azul contendo as palabras de Rosalía: HORTIÑA, FONTE, GAITEIRO, PAXARIÑOS PIADORES....PENSAMENTOS...

 Rosalía Total Amor á Lingua



Ao longo da mañá, facendo tres sesións, celebramos O tesouro do Galego, o tesouro da nosa Lingua e disfrutamos do espectáculo Rosalía Total...

CANDELORIA DE AMOR...PROPIO


O ano pasado , o alumnado de 5º curso documentouse sobre a Festa da Candeloria. A síntese da súa documentación escribiuse en folios de cores e repartiuse ás familias xunto coas plantillas de paxaros portadores de mensaxes de amor e amizade..

Este ano...decidimos facer unha Calendoria... de AMOR PROPIO...Chíos de paxaros como un Twitter á Galega se tratara. 

Despois de traballar nas clases sobre a importancia do Amor propio para establecer boas relacións interpersoais, sintetizamos a aprendizaxe en mensaxes curtas (menos de 140 caracteres) sobre o amor propio.

Tanto o corredor de primaria como a entrada de Infantil mostraron mensaxes moi interesantes, que chaman a atención de calquera que pasa por diante.

As primeiras mensaxes foron escritas con certa timidez pero logo, como pasa nas redes sociais, unhas mensaxes chamaron por outras.
Así , ademais de...

  •  aprender moito sobre  Amor propio,
  •  melloramos na escrita en galego
  •  e aprendimos a elexir ben as palabras para resumir as nosas ideas e mensaxes para non pasarse
Escoitamos e lemos todas esas mensaxes...que nos contan os chíos de paxaros...
AMOR PROPIO, a base de calquer tipo de amor....

POPART, POMBAS E POEMAS

XANEIRO CON XEADA E XIRALDEZ