xoves, 28 de febreiro de 2019

IRENE SILVA .O TESOURO DA LINGUA E ROSALIA TOTAL


O venres 22 de febreiro foi unha mañá moi especial no CEIP ESCARABOTE pola visita de Irene Silva e Fátima Granja.  Xuntamos  dúas celebracións!

21 F Día da Lingua Materna, da Lingua Primeira
24 F Día de Rosalía... Febreiro e Marzo de Poesía

Irene e Fátima viñeron a Escarabote cun enorme corazón azul contendo as palabras de Rosalía: HORTIÑA, FONTE, GAITEIRO, PAXARIÑOS PIADORES....PENSAMENTOS...

 Rosalía Total Amor á Lingua



Ao longo da mañá, facendo tres sesións, celebramos O tesouro do Galego, o tesouro da nosa Lingua e disfrutamos do espectáculo Rosalía Total...




                                          A Rosalía de cores da propia Irene Silva presidía o acto.


A primeira sesión ía dirixida ao alumnado de Infantil, a xente máis miúda do cole.
Así que estaba o público sentadiño...comezou a función...Irene saudou e dirixiuse ás pequenas e pequenos...en francés! As caras do público eran todo un poema...Non entendían nadiña...


Fátima saudou e faloulles en inglés...Parece que tivo máis éxito o saúdo e o público respondeu con seguridade..."Hello". Mais, de todo o que dixo Fátima despois só entendían...."Rosalía"!


Como se relaxaron cando escoitaron e comprenderon porque lles falaron... en Galego!
Comezou o tendal das palabras que trouxeron xs pequenxs...



Xogando coas palabras que cada unha e cada un aportou...puxémolas en contexto conectando co seu significado... Había "Bolboretas", "avelaiñas","bicos", "apertas" "morriña","toxo" e ata ..."Vaso de viño"!

Logo comezou o Espectáculo Rosalía Total a golpe de pandeireta e de...cunchas?? Cunchas non eran...eran piñas, carozas as que facía soar Irene!
Chamando pola Alborada!


Deixaron a pandeireta e cantaron tamén a ritmo de verbena...
 Menudo lío se armou ao querer facer dous coros:  Ríos e Fontes...!

"Adios riiíos, adios fooontes...
Adios reeegatos pequeenos..."


E , como non podía faltar...Rock .... "Teño tres pitas brancas,brancas
 e un gaalo negro,negro!"



O Tendal das palabras foise enchendo coas aportacións do seguinte grupo: 1º,2º e 3º EP...





Xenial reflexión sobre a riqueza e o tesouro da Nosa Lingua!

Momento máis disfrutado, o acompañamento coreográfico do Rock das Tres pitas brancas!




Xa só quedaba completar coas palabras de 4º,5º e 6º EP   Interesantes todas...moi diversas e moitas pouco coñecidas que as autoras e autores puideron explicar...




Desta volta saíu Noa a tocar...as piñas!


O canto tradicional deu paso ao Rap...O do Repoludo Gaiteiro e moitos outros versos que foron collendo forza...


 Saían os versos coreados e recitados a dúo e en eco...Unha sincronía máxica entre as dúas Artistas!




Rosaliiiiiiaaa, Totaaaal!   Xeniaaaal!





E por si esto fora pouco, Irene deu remate á actuación agasallándonos co seu fermoso libro... un conto baseado nun poema de Uxío Novoneyra, cheo das cores e formas características da autora...

 Onde vai o vento?


Grazas, Irene!!! ...  Agardamos a túa segunda visita! 

Encantadas e encantados que volva a visitarnos Irene, para... pintar con ela! Abril pode ser boa data, Arte Galego!
Poderiamos facer moi boas galiestampas!

Enlace á páxina oficial de Irene Silva




Ningún comentario:

Publicar un comentario