luns, 30 de novembro de 2015

25N BÁGOAS... E MILO LOCKETT


Cada 25 de novembro temos unha cita para manifestarnos no Día Internacional da Non Violencia de Xénero.

Manifestarse quere dicir expresarse facendo visible algo que ESTÁ MAL pero que alguén trata de agochar ...
O problema existe, existe a Violencia de xénero e son moitas as víctimas que a sofren e mostran rostros cheos de tristuras e dor e derraman bagoas...

Buscamos un artista que fora representativo deses rostros femininos na súa gran maioría... e...atopámolo! El é Milo Lockett....



venres, 27 de novembro de 2015

PALABRAS FAVORITAS E OUTONADA RAPEADA! (cos novos raps!)

Acetatos portadores das nosas palabras favoritas en Galego, decorados con axuda da familia...verbas moitas repetidas, todas ben seleccionadas para...seren vistas.

BOLBORETA, LENDA, AGARIMO, APERTA, RAPOSO, PARAFUSO, FOLIADA, BICO, NAI, SAIA, LEMBRA, MOCIDADE, MORRIÑA, NADAL, ESQUÍO, IRMÁN, XANTAR, BURBULLA, CONTO, AGASALLO, ARCO DA VELLA, SAMAÍN, AVOA, HORTIÑA, ALMORZO, LÚA, AMODIÑO, FILLA, CADELO, PEIXES...


 Unhas orixinais  árbores dos que as palabras  penduran e perduran...e non se caen a pesares de ser Outono.

martes, 24 de novembro de 2015

UNHA PROPOSTA DE ACTIVIDADES COMPLETÍSIMA!

O Equipo de Dinamización da Lingua do CEIP Escarabote,  aposta este ano por unha variada e completísima axenda de actividades para dinamizar o uso da nosa Lingua!


O  obxectivo é que a nosa Lingua se vexa, se escoite, se sinta, se cante, se baile, se fale, se lea e se escriba... 

 En Galego todo podo facer porque..."Meu o mundo é!"

 Sigue a letra de Paco Nogueira neste video compartido por Producións TORRE BRANCA, en maio do 2013.

 


 Pois...como en Galego todo se pode facer...propoñemos actividades do máis creativas...e abertas á participación! Dinamizando a lingua en Escarabote e dinamizando na lingua de Manuel María!
Músicas, raps, Conmemoracións, Podcast, recitados, Intercambios con outros colexios...cartas, postais, poesías,..
Cantas oportunidades para aprender! Verdade?