O Equipo de Dinamización da Lingua do CEIP Escarabote, aposta este ano por unha variada e completísima axenda de actividades para dinamizar o uso da nosa Lingua!
O obxectivo é que a nosa Lingua se vexa, se escoite, se sinta, se cante, se baile, se fale, se lea e se escriba...
En Galego todo podo facer porque..."Meu o mundo é!"
Sigue a letra de Paco Nogueira neste video compartido por Producións TORRE BRANCA, en maio do 2013.
Pois...como en Galego todo se pode facer...propoñemos actividades do máis creativas...e abertas á participación! Dinamizando a lingua en Escarabote e dinamizando na lingua de Manuel María!
Músicas, raps, Conmemoracións, Podcast, recitados, Intercambios con outros colexios...cartas, postais, poesías,..
Cantas oportunidades para aprender! Verdade?
Ningún comentario:
Publicar un comentario