luns, 4 de xaneiro de 2016

CARTA EN AUDIO DE ESCARABOTE A SANTA RITA

Neste primeiro trimestre 3º e 4º curso traballaron moitísimo na escrita de cartas e presentacións para os compañeiros e compañeiras do cole de Galdo: preparación dos sobres, borradores e correccións, carta colectiva, presentación de grupo e presentacións individuais.

Así facían os primeiros contactos e intercambios ao mesmo tempo que traballaban coa Lingua escrita e as súas normas.
Claro que o proceso foi lento para ir sobre seguro. Era unha primicia, a carta de presentación! Aos compañeiros e compañeiras de Galdo tamén lles levou o seu tempo contestar...polas mesmas razóns.
En todos os colexios, en novembro e polo Nadal andamos con moitos traballos e moito lío....

O último día antes das vacacións chegou un grande e xenial sobre do grupo de 4º do  SANTA RITA.
Tres días antes, 3º curso do CEIP ESCARABOTE gravou unha carta para Galdo. Escoitámola!
 

Voces: Aitor, Érika, Carla, Marta, Iris, Carlota, Shaila, Fernando, Laura, Ares, Javi, Uxía, Yeray e Antón.

Nas próximas entradas mostraremos os contidos dos sobres de 4º e como foron as presentacións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario