Actividade Intercentros , en coordinación co EDLG do colexio de Galdo, Viveiro. Esta actividade comezou hai dous anos facendo intercambios lingüísticos variados entre o alumnado de un e outro centro. (videos, audios, postais turísticas, cartas, descrición de paisaxes...)
Hai dous cursos, o grupo de 3ºEP, logo de establecer contacto epistolar , visitou Viveiro ...
Para situarnos e lembrar a Actividade... Premede no enlace
Enlace á entrada da Visita a Viveiro en xuño 2016
Desta volta tocounos ao colexio de Escarabote ser os anfitrións do grupo de Galdo: quinto curso acompañados do titor Luís e a mestra Rebeca.
Premede no enlace para visitar o blog do Colexio de Galdo e poder ver o vídeo de presentación antes da súa visita
Enlace ao blog Colexio Galdo antes da visita
Primeiro recibímolos con un bo almorzo...
Logo fixemos algunha dinámica para intercambiar dialogo, coñecerse mellor e establecer vínculos. Deixamos pegada simbólica vestindo ás árbores con distintos xerseis quentiños de lá, xerseis dos nenos e nenas dos dous colexios. Entre dúas robustas árbores xa arroupadas fomos tecendo con lá e intercambiando diálogos Escarabote e Galdo. Foi moi divertido escoitar e distinguir as diferencias entre as falas.
Alí quedaron entrelazados dous aros representando a unión e Irmandade entre os dous centros.
Pintamos xuntos o muro da horta cos personaxes do Proxecto a Xoaniña "Juanita" (Filosofía para nenas e nenos).
Alí quedaron entrelazados dous aros representando a unión e Irmandade entre os dous centros.
Pintamos xuntos o muro da horta cos personaxes do Proxecto a Xoaniña "Juanita" (Filosofía para nenas e nenos).
Membros
do Equipo de Dinamización prepararondías antes o muro pintando primeiro de branco e
logo creando un ambiente festivo e rotulando as figuras para que máis
tarde o alumnado puidese pintar e disfrutar xuntos.
A bolboreta, un saltón, un bicho-bola, ...até un colibrí que logo pintaron conxuntamento nenos e nenas de Galdo e de Escarabote
Non é a Galipizza pero sí a pizza dun metro da Peppo58 de Boiro!
E como "nunca choveu que non escampara" despois do xantar fomos ao "Parque das Tirolinas" Compartimos xogos e tamén merenda de froita e xeados!
Quedamos todxs encantados, pensando xa en continuar a Irmandade para o curso que vén...
Ningún comentario:
Publicar un comentario