mércores, 31 de xaneiro de 2018

PAXARIÑOS E CANDELORIA!

O día 2 de febreiro, celebramos a Candeloria: Festa da Luz, do Amor e da Amizade.
  COMO CELEBRAMOS ESTA FESTA NO COLEXIO DE ESCARABOTE?

Os maiores do cole, xogando a ser xornalistas (Grupo editorial Mar Adiante), documentáronse sobre esta tradicional festa galega. Logo de procurar na rede e informarse, fixeron unha síntese-resumo para as familias sobre a Candeloria.



Fontes consultadas: Portal das Palabras e www.sermosgaliza.gal


Dende o Equipo de Dinamización da Lingua propúxose a Actividade dos paxariños partido desa documentación.

Así, as familias, a través do noso alumnado dispón da documentación da festa e unha "plantilla" de paxaro.

Que facer coa "plantilla" de paxaro?

A idea é que os paxaros sexan portadores de mensaxes de Candeloria (Amor e Amizade) en Lingua Galega. Esa mensaxe irá escrita no corpo do paxaro: na á no peito ou na á e no peito.

Recomendacións:

1. Primeiro, A MENSAXE. Pensar posibles mensaxes e escoller unha. Escribila nun folio branco aparte da plantilla, calculando o espazo que temos. Mensaxe en Galego,que se lea ben a  e non teña faltas de ortografía. Corrixir antes de colocar a mensaxe no paxaro!
 (En maiusculas igualiñas lese mellor. Procura un bo contraste como tinta negra fina sobre fondo branco). 

2. O PATRÓN. (Plantilla do paxaro). Para que todos os paxaros sexan do mesmo tamaño. Uns miran á dereita e outros miran á esquerda. 
Co patrón pódese traballar de distintas maneiras.
Mellor traballar sobre a silueta posto que a idea é ir colocando os paxaros nas pólas que poñamos nos corredores.

  • Pódese recortar ou picar e traballar sobre a mesma cartolina. Obra artística, creatividade. As patiñas do paxaro pódense poñer con pauiños ou caquera recurso....
  • O patrón pode servir para traballar con distintos soportes e distintas técnicas artísticas. É dicir, a plantilla pode calcarse sobre cortiza, cartón, goma Eva,... E pode facerse por capas ou texturas ou...o que se prefira.
INFANTIL. Pode aplicar o traballo propio da súa etapa para lograr o seu engalanado paxaro. Picar, rasgar papeliños e pegalos, pegar pompóns de cores,... Trátase de facer a actividade conxuntamente en familia. Axudando pero que sexa o neno ou nena a protagonista da artistada. A partir do texto da Candeloria.

Traballo en familia non só en Infantil, senon tamén en Primaria. 

Os paxaros irán chegando ás polas durante o mes de febreiro. Non hai présa!  
Elixamos ben a mensaxe, disfrutemos do momento en familia e de todo o proceso artístico!

Grazas familias pola vosa colaboración!

Se non recuperamos as tradicións...estas pérdense...
Viva a Candeloria! Luz, rechouchíos de paxaros e moito amor.



















martes, 30 de xaneiro de 2018

BANDA SONORA DE PAZ

Cada 30 de xaneiro , Día da Paz e a Non Violencia, todos os colexios preparan a súa conmemoración e maniféstanse colectiva e simbólicamente.

Antes da conmemoración ese día, os días previos son días de reflexión sobre a paz e os conflictos, búscanse cancións, prepáranse escritos, mensaxes e poemas. Tamén Manifestos logo da documentación e a reflexión.

Algunas cancións sobre paz en galego...
Paco Nogueiras coas Apertas que voan do Brinca vai....

OS SOÑOS


Os soños van ao alto como as frechas.
Feren como as frechas.
Aínda que un soño é 
feble e esguío coma un xunco.
Non tentes apreixar
o seu corpo delgado e fuxitivo.
Os soños non se deixan apreixar:
transcenden do íntimo
e voan polo ceo como as aves.
A patria dos soños é o azul
que é onde acadan
a súa definitiva perfección.
A pureza do soño é semellante 
ao chío do paxaro no ar ceibe.
E nós só no soño
temos liberdade verdadeira.

De Camiños de luz e sombra
Manuel María.