Cada 30 de xaneiro , Día da Paz e a Non Violencia, todos os colexios preparan a súa conmemoración e maniféstanse colectiva e simbólicamente.
Antes
da conmemoración ese día, os días previos son días de reflexión sobre a
paz e os conflictos, búscanse cancións, prepáranse escritos, mensaxes e poemas.
Tamén Manifestos logo da documentación e a reflexión.
Algunas cancións sobre paz en galego...
Paco Nogueiras coas Apertas que voan do Brinca vai....
Escoita que letra máis fermosa ten a canción...Escoita!En LSE, as Apertas que voan polo CEIP Escultor Acuña, no seu canle As nosas mans...
Anímate e sigue a canción!
Tamén en versión LSE e co añadido dos pictogramas, As Campás pola Paz, pista dentro do libro disco Pan de Millo de Migallas. "Da importancia de colaborar...."
O mundo é grande...Mamá Cabra
Ou...Sorrir-Reggae de A Gramola Gominola! Sorrir, soñar e estar en paz.
Os videos escollidos ata agora, ademáis de facer unha boa banda sonora na Nosa Lingua, son moi útiles para traballar a ortografía no galego escrito. Pois, teñen a letra moi clariña.
É necesario estar exposto ao texto escrito unha e outra vez para aseguralo ben escrito.
Se queremos escribir ben en Galego, teremos que ver o Galego ben escrito!
Como podemos traballar a ortografía, entón?
Pois...fixándose no texto con un só obxectivo...Por exemplo: facemos unha lista das palabras con v que van saíndo na canción. Encadramos e memorizamos. Podemos xogar,logo, a facer frases que inclúan dúas desas palabriñas.
Imos cambiando o obxectivo en novas visualizacións. Un só obxectivo cada vez.
O video pode visualizarse un cento de veces, parar, voltar atrás...Diso se trata de escoitar e ver moitas veces!
E para pasar a transición da Paz cara a Candeloria...
Quérote máis, do Sonoro Maxín
Neste caso podemos pinchar dentro do Youtube en Saber Máis para ver a letra escrita.
Con esta canción atreveremos a escribir os nosos primeiros versos creativos.
Paz e Amor. Viva a Paz e Benvida a Candeloria!
Ningún comentario:
Publicar un comentario