COMO CELEBRAMOS ESTA FESTA NO COLEXIO DE ESCARABOTE?
Os maiores do cole, xogando a ser xornalistas (Grupo editorial Mar Adiante), documentáronse sobre esta tradicional festa galega. Logo de procurar na rede e informarse, fixeron unha síntese-resumo para as familias sobre a Candeloria.
Fontes consultadas: Portal das Palabras e www.sermosgaliza.gal
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua propúxose a Actividade dos paxariños partido desa documentación.
Así, as familias, a través do noso alumnado dispón da documentación da festa e unha "plantilla" de paxaro.
Que facer coa "plantilla" de paxaro?
A idea é que os paxaros sexan portadores de mensaxes de Candeloria (Amor e Amizade) en Lingua Galega. Esa mensaxe irá escrita no corpo do paxaro: na á, no peito ou na á e no peito.
Recomendacións:
1. Primeiro, A MENSAXE. Pensar posibles mensaxes e escoller unha. Escribila nun folio branco aparte da plantilla, calculando o espazo que temos. Mensaxe en Galego,que se lea ben a e non teña faltas de ortografía. Corrixir antes de colocar a mensaxe no paxaro!
(En maiusculas igualiñas lese mellor. Procura un bo contraste como tinta negra fina sobre fondo branco).
2. O PATRÓN. (Plantilla do paxaro). Para que todos os paxaros sexan do mesmo tamaño. Uns miran á dereita e outros miran á esquerda.
Co patrón pódese traballar de distintas maneiras.
Mellor traballar sobre a silueta posto que a idea é ir colocando os paxaros nas pólas que poñamos nos corredores.
- Pódese recortar ou picar e traballar sobre a mesma cartolina. Obra artística, creatividade. As patiñas do paxaro pódense poñer con pauiños ou caquera recurso....
- O patrón pode servir para traballar con distintos soportes e distintas técnicas artísticas. É dicir, a plantilla pode calcarse sobre cortiza, cartón, goma Eva,... E pode facerse por capas ou texturas ou...o que se prefira.
INFANTIL. Pode aplicar o traballo propio da súa etapa para lograr o seu engalanado paxaro. Picar, rasgar papeliños e pegalos, pegar pompóns de cores,... Trátase de facer a actividade conxuntamente en familia. Axudando pero que sexa o neno ou nena a protagonista da artistada. A partir do texto da Candeloria.
Traballo en familia non só en Infantil, senon tamén en Primaria.
Os paxaros irán chegando ás polas durante o mes de febreiro. Non hai présa!
Elixamos ben a mensaxe, disfrutemos do momento en familia e de todo o proceso artístico!
Grazas familias pola vosa colaboración!
Se non recuperamos as tradicións...estas pérdense...
Viva a Candeloria! Luz, rechouchíos de paxaros e moito amor.
Elixamos ben a mensaxe, disfrutemos do momento en familia e de todo o proceso artístico!
Grazas familias pola vosa colaboración!
Se non recuperamos as tradicións...estas pérdense...
Viva a Candeloria! Luz, rechouchíos de paxaros e moito amor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario