luns, 29 de outubro de 2018

VASOIRAS E AS SÚAS HISTORIAS

PERO ENTÓN...QUE É O SAMAÍN?

BENVIDA A UN NOVO CURSO!

NOVIDADE, NOVIDADE!

Para poder participar deste blogue "xogando" a ser xornalistas, creamos o....
 Grupo Editorial AgroMar Adiante, formado por alumnado de 4º, 5º e 6º EP xunto con docentes membros do EDLG e algunha nai.

Este Grupo Editorial encargarase de documentarse  sobre as actividades do centro, tomar nota, redactar, sacar fotos e manexarse coas tecnoloxías... 

Reunímonos para traballar,voluntariamente, en horario non lectivo de pola tarde mércores ou xoves.

O obxectivo é ,ademais de toda a aprendizaxe que conleva, é levar conta das Actividades que levamos a cabo para Dinamizar a Lingua e procurar manter o blog actualizado

Aprender facendo! O feito de participar con finalidade de publicar implica consultar dúbidas, facer correccións e intentar expresarse cada vez con máis soltura na Nosa Lingua.

Esperemos que vos gusten as nosas publicacións!


mércores, 20 de xuño de 2018

MARTÍN E O BIOSBARDO! O TEATRO ARTELLAR DE AMBAR!

ROSAURA NO CEIP DE ESCARABOTE






IRMANDADE DA FALA E DA ESCRITA...OS DO SANTA RITA VIÑERON DE VISITA!

Este ano recuperamos a actividade IRMANDADE DA FALA E DA ESCRITA ESCARABOTE-SANTA RITA!
Actividade Intercentros , en coordinación co EDLG do colexio de Galdo, Viveiro. Esta actividade comezou hai dous anos facendo intercambios lingüísticos variados entre o alumnado de un e outro centro. (videos, audios, postais turísticas, cartas, descrición de paisaxes...)
Hai dous cursos, o grupo de 3ºEP, logo de establecer contacto epistolar , visitou Viveiro ...
Para situarnos e lembrar a Actividade... Premede no enlace

Enlace á entrada da Visita a Viveiro en xuño 2016



MAIO, FESTA DAS LETRAS

Saímos na prensa...Prema no enlace para ler a nova e saber como se desenvolveu a Semana das Letras no CEIP de Escarabote.

Enlace para ler a noticia na prensa dixital   A Voz de Galicia

Antes do día de celebración...
Traballouse durante todo o curso coa obra de María Victoria Moreno. A máis traballada foi Mar Adiante: clube de lectura, fichas de comprensión lectora e exercicios varios de vocabulario e contido de Lingua, gravación de lecturas, resumos das historias contadas dentro de Mar Adiante.
(Mariquiña e o Lobo, Os paxaros da Carballeira de Suso, Clarisca eo Luceiro, O día do naufraxio,...)

Preparación de lecturas de Mar Adiante, Leonardo e os fontaneiros, Eu conto e ti cantas para a celebración das Letras.


Documentación sobre a vida e obra da homenaxeada María Victoria Moreno utilizando diversos recursos da rede.

Exposición de paneis informativos da biografía e de cada unha das obras da autora, incluindo unha enorme caricatura plástica feita polo alumnado e empregando distintas técnicas artísticas.
A partir da ilustración de David Pintor.








Para celebrar en Maio Festa das Letras no noso colexio emulamos dúas grandes festas que teñen lugar en Boiro en Maio: O Maio Vintage e a Festa das Letras. Estas celebracións danlle moita importancia á artesanía , á tradición, ao traxe rexional e ao libro en galego.


xoves, 8 de marzo de 2018

HOXE TEMOS VOZ... MATRIARCAS E MATRIOSKAS


MATRIARCAS... GUADI GALEGO!





MATRIOSKAS... Conta MARTA ORTIZ, canta SOFÍA ESPIÑEIRA e ilustra Leandro Lamas.




VOCES EN FEMENINO! Hoxe temos voz...é unha das cancións de Sofía Espiñeira incluída no seu disco Alá onde agroman as herbas.


Cantautoras galegas comprometidas coas Mulleres nas súas letras. Habelas hainas! debemos coñecelas e coñecer as letras das súas cancións...

SOFÍA ESPIÑEIRA, SONIA LEBEDYNSKI, GUADI GALEGO, UXÍA SENLLE, SÉS, MERCEDES PEÓN... e moitas máis.

Na WIKI do noso cole iremos colgando información sobre estas artistas e as súas cancións e letras. Tamén Faremos exposición no corredor ou entrada do colexio para facer visibles estas voces, coñecer a súa faciana, a súa traxectoria e as súas cancións.

martes, 6 de marzo de 2018

AS NOSAS MULLERES

Levamos o apelido do noso pai e o apelido da nosa nai. Daquela tamén levamos os apelidos dos nosos avós (o pai do noso pai e o pai da nosa nai). Pero...non levamos os apelidos das avoas!
Co importante que son as nosas avoasNon só polos coidados, os bicos e as ricas filloas...
Sen elas...non existirían nin o noso pai...nin a nosa nai. Daquela, non existiríamos nós tampouco...
Canto lles debemos ás avoas! Mulleres maiores que aportaron á nosa vida.
Estaría ben coñecer mellor ás nosas avoas, e comprender mellor a nosa identidade e sentir orgullo de ser...quen somos!



Son As Nosas Avoas. Por iso queremos facelas visibles! Queremos encher os corredores do colexio coas  avoas como protagonistas. Neste mes de marzo, comezando coa celebración do 8M.

Cómo facemos?

1. Documentámonos sobre as nosas avoas. Procuramos tempo para falar con elas, estar con elas e perguntarlles:

  • Data e lugar  de nacemento. Este dato é importante para situar ás nosas avoas na época que lles tocou vivir.
  • Traballo ou traballos que teñen e que tiveron ao longo da súa vida.
  • Habilidades e outras actividades. Que lle gusta ou sabe facer ben a avoa?
  • Dito ou frase dela
Tamén podemos completar a información cos nosos pais ou con outra xente que as coñece ben, familiares ou amigas e amigos.
Avoa tamén pode ser...a Bisavoa ou...aquela tía ou madriña que viviu con nós na casa e que por idade podería ser avoa... A que nos aprendeu moitas cousas, entre elas...a medrar!

2. Rexistramos a información. Tomamos apuntamentos dos datos. Facemos un borrador do texto que queremos facer público. Revisamos e corriximos, para que non leve erros ortográficos.

3. Procuramos unha foto representativa da avoa. Foto onde ela é a protagonista, onde se vexa o seu rostro, a súa faciana. Se non temos foto da avoa...tirámoslle unhas cantas e escollemos con ela cal é a mellor, a que vai a ser publicada. Xogamos a ser reporteiras e reporteiros da imaxe da avoa. Ainda non pegamos a foto en ningures. Traemos foto por un lado e borrador do texto polo outro.


4. Nun soporte de cartolina tamaño A4, que se vos entregará despois, montamos e colocamos a información xa corrixida:

A miña AVOA _______________, a foto e o texto acompañante estructurado. 


Lembra que estas fichas das avoas son para ser expostas nos corredores do colexio. Deben ir en letra ben clariña posto que é para que se poda ler con facilidade. Por iso é ben facer o borrador antes e non escribir directamente na cartolina.
Se tes dúbidas, co borrador, pide axuda á titora  para corrixir e ter un texto sin faltas. Podes empregar as tecnoloxías para asegurar un texto lexible.



Ao final do curso queremos facer  libros de fichas das avoas ou para a nosa Biblioteca. Por iso queremos que as fichas leven o mesmo tamaño e forma, para poder encadernalas sen problemas.



Animádevos a participar desta actividade! Cantas máis avoas, máis aprendizaxe para nós. Ademais, deste xeito pasaremos máis tempo con elas. É importantísimo xuntar as xeracións...O pasado e o futuro nun presente!



Esperamos polas vosas e nosas avoas! Queremos coñecelas!



ROSALÍA...VERSOS POLA ALDEA E POLA VILA

Canta paxariño canta!


Alborada de Rosalía de Castro pode ser a mellor escolla para ambientar a transición entre a Candeloria e as seguintes festas que a nós nos gusta unificar na figura de Rosalía de Castro.

21 F: Día da Lingua Primeira, Lingua materna
24 F: Día de Rosalía
21 M: Día da Poesía




luns, 5 de febreiro de 2018

ENTROIDO EN OURENSE: CIGARRÓNS


Marga, a orientadora do cole é de Verín. Ela fixo varios obradoiros polas clases para explicar O Entroido de Ourense, a tradición e o traxe de Cigarrón.

 Un traxe moi elaborado con máscara de madeira de bidueiro ben traballada e unha Mitra ca pintura dun animal salvaxe...

 Seis chocas arredor da cintura, tres delas de son grave e as outras tres de son máis agudo.
Marga explica que as chocas eran para anunciar a chegada do Cigarrón cobrador de impostos...Para que a xente fora preparando os cartos.


 Eiquí (como dín en Verín) vemos a Marga mostrando o pesado traxe, cada peza bordada con moito arte e precisión.

 Un traxe caro, o traxe de Cigarrón non é un traxe calquera. Existe moito respecto e tradición. A xente víveo con moito sentimento... Leva anos facer o traxe e interveñen moitos artesáns para lograr un bo acabado.

 Chamounos moito a atención a máscsara coa Mitra. Documentámonos, tomamos nota e...


 Nós tamén quixemos facer artísticas Mitras de Cigarrón! Así quedaron...




 Ademáis fixemos textos e aprendimos vocabulario novo. Soubemos o que era a Mitra, a "zamarra"...

Grazas, Marga! Moito aprendimos contigo sobre o Entroido de Ourense, O triángulo máxico Verín, Xinzo e Laza, A historia do traxe de Cigarróns...

Equipo Editorial Mar Adiante

mércores, 31 de xaneiro de 2018

PAXARIÑOS E CANDELORIA!

O día 2 de febreiro, celebramos a Candeloria: Festa da Luz, do Amor e da Amizade.
  COMO CELEBRAMOS ESTA FESTA NO COLEXIO DE ESCARABOTE?

Os maiores do cole, xogando a ser xornalistas (Grupo editorial Mar Adiante), documentáronse sobre esta tradicional festa galega. Logo de procurar na rede e informarse, fixeron unha síntese-resumo para as familias sobre a Candeloria.



Fontes consultadas: Portal das Palabras e www.sermosgaliza.gal


Dende o Equipo de Dinamización da Lingua propúxose a Actividade dos paxariños partido desa documentación.

Así, as familias, a través do noso alumnado dispón da documentación da festa e unha "plantilla" de paxaro.

Que facer coa "plantilla" de paxaro?

A idea é que os paxaros sexan portadores de mensaxes de Candeloria (Amor e Amizade) en Lingua Galega. Esa mensaxe irá escrita no corpo do paxaro: na á no peito ou na á e no peito.

Recomendacións:

1. Primeiro, A MENSAXE. Pensar posibles mensaxes e escoller unha. Escribila nun folio branco aparte da plantilla, calculando o espazo que temos. Mensaxe en Galego,que se lea ben a  e non teña faltas de ortografía. Corrixir antes de colocar a mensaxe no paxaro!
 (En maiusculas igualiñas lese mellor. Procura un bo contraste como tinta negra fina sobre fondo branco). 

2. O PATRÓN. (Plantilla do paxaro). Para que todos os paxaros sexan do mesmo tamaño. Uns miran á dereita e outros miran á esquerda. 
Co patrón pódese traballar de distintas maneiras.
Mellor traballar sobre a silueta posto que a idea é ir colocando os paxaros nas pólas que poñamos nos corredores.

  • Pódese recortar ou picar e traballar sobre a mesma cartolina. Obra artística, creatividade. As patiñas do paxaro pódense poñer con pauiños ou caquera recurso....
  • O patrón pode servir para traballar con distintos soportes e distintas técnicas artísticas. É dicir, a plantilla pode calcarse sobre cortiza, cartón, goma Eva,... E pode facerse por capas ou texturas ou...o que se prefira.
INFANTIL. Pode aplicar o traballo propio da súa etapa para lograr o seu engalanado paxaro. Picar, rasgar papeliños e pegalos, pegar pompóns de cores,... Trátase de facer a actividade conxuntamente en familia. Axudando pero que sexa o neno ou nena a protagonista da artistada. A partir do texto da Candeloria.

Traballo en familia non só en Infantil, senon tamén en Primaria. 

Os paxaros irán chegando ás polas durante o mes de febreiro. Non hai présa!  
Elixamos ben a mensaxe, disfrutemos do momento en familia e de todo o proceso artístico!

Grazas familias pola vosa colaboración!

Se non recuperamos as tradicións...estas pérdense...
Viva a Candeloria! Luz, rechouchíos de paxaros e moito amor.