venres, 1 de xullo de 2016

GRAVANDO E EDITANDO NA LINGUA DE MANUEL MARÍA!

 COMO SE FIXO O DISCO...

Grazas a Jose Luis Miranda, da Escola de Música de Boiro pola axuda para gravar e editar o disco Na Língua de Manuel María.

A verdade é que foi  toda unha experiencia para nós. Cada grupo foi baixando á Aula de Música (recentemente insonorizada) para  gravar a súa parte.

 O primeiro en gravar foi Moncho, a Carta aos nenos...escoitamos:




A banda dos máis pequenos e as máis pequenas do cole, Infantil de 3 aniños, O GALO









O grupo de Infantil 4 anos cántanlle á LÚA





O grupo de Infantil de 5 anos, O CARRO!

  


O grupo de de EP ,,A RODA.



 
O grupo de de EP canta MIÑA DOCE AMIGA:




O grupo de de EP, O MAR e O VENTO.

  



O grupo de de EP, A DORNA
 


 O grupo de de EP, A FALA!




O grupo de de EP , GALICIA!



Rapeando a Manuel María



A súa biografía máis destacada







PRESENTACIÓN DO LIBRO DISCO NA LINGUA DE MANUEL MARÍA

O contido do disco é moi completiño e variado. Inclúe desde a Carta aos nenos na voz do mestre xubilado Moncho até unha breve biografía que inclúe vida e obra de Manuel María rapeada polos de sexto.

Por aulas ,fomos preparando o modo de representar en audio o noso poema, xa musicado, versionado, recitado colectivo, recitado moderno,...

Para a gravación das pezas tivemos a axuda da Escola de Música de Boiro. Non lles importou pasar toda una mañá na clase de música do noso colexio. Cada grupo ía pasando e gravando a súa parte. No disco tamén participan algunas nais e avoas. Ata as da limpeza se arrancaron con algúns versos e temen a súa participación.
Todo o proceso foi fantástico, estivo cheo de emoción, de maxia e de aprendizaxes variados. Moitos ensaios para que todo saira ben.
Pois co esforzo de todos e todas conseguimos ter o noso disco!
O venres 17...pero de xuño, logo dun mes da celebración oficial das Letras, foi o noso Acto oficial de presentación do disco. No colexio.
Unha alegre e colorida escea no ximnasio. Panel onde quedaban prendidos todos e cada un dos poemas 40x40, vestidos por un papel elegante e especial.

  As Letras de presentación e un tendal onde se expuñan os traballos ordenados. As distintas ilustracións desde os máis pequenos de Infantil até o sexto curso de Primaria. O público, agardando que comezara a función.




Os presentadores...Paula e David de sexto, que o fixeron xenial!
O acto comezou coa lectura da Carta aos nenos. Esta vez foi Gerardo o que entoou as verbas do poeta.
Espertou ao público O  Galo moi alegre, o do grupo de Infantil de 3 aniños.
O grupo de catro anos cantáronlle Á  Lúa dos Soños na Gaiola.

O que cantou tamén foi O Carro dos de 5anos, xa que na Chá non canta ninguén.
Do Carro, á Roda Roda da rapacería de 1º curso.
2º curso interpretou unha peza moi especial: Miña doce amiga.
3º curso, con enerxía recitou ao moderno a loita de dúas forzas potentes na nosa Terra: O mar e O vento.
Sen saír do mar, 4º curso amosou a dorna mariñeira, xentil e lixeira.
Os maiores do cole 5º e 6º repartíronse os poemas máis comprometidos con Galicia e a Nosa Lingua.
A fala! e Galicia. Os mesmos de sexto, rapearon de xeito moi orixinal a vida e obra do autor homenaxeado.

Cada grupo explicou como fixo a ilustración, que técnica e que materiales foron utilizados.
Os versos...non se quedaron no cole. Á saída había un gran tendal de versos para levar. Así que os rapaces e as familias puideron levar para a casa versos de cores escritos do puño e letra do noso alumnado.
Foi unha celebración grande, moi emotiva. Participou todo o colexio e foi xenial! Agardamos que os versos de Manuel María vos acompañen sempre xa que...un bo poeta leva sempre versos na maleta!!

mércores, 29 de xuño de 2016

SEMENTANDO NA HORTA GALEGA!


Galicia docemente está ollando ao mar...e tamén ten moitas, e moitas, terras para labrar.... 

No noso colexio temos moita zona verde e...ata un cadradiño de terra, que este ano comezou a ser a nosa leira de aprendizaxe.
Que sería de Galicia sen sacho e enciño! Sen sacho non habería...festas gastronómicas! E como nos gusta a festa e nos gusta comer...haberá que sementar e cultivar!

Comezamos co Proxecto Horto escolar. Contamos coa implicación da Comunidade educativa. As familias axudáronnos moito! Tamén o Concello, que nos trouxo a terra.

Participamos catro grupos de alumnado: 6º de infantil, 2º, 3º e 6º de EP. Entón organizámonos en catro grupos de Traballo segundo o tipo de cultivo: de folla, de froito, de raíz e aromáticas. O Concello, para axudarnos no proxecto, trouxo terra par ese  cadrado que temos. Fixemos un plano para dividir o terreo e organizar os cultivos.


REFRANEIRO DESDE MARZO A FEBREIRO.

Os galegos e galegas sempre tiramos de refraneiro como parte da nosa conversa habitual. Existen refráns para todo o ano. A sabedoría popular, sobre o tempo, a terra, os traballos , as relacións,...
Refraneiro de Marzo a Febreiro consiste nun gran libro onde se recolleron os refráns que o alumnado foi traendo da casa. Reescrito polos propios pequenos e pequenas.

Tratouse dunha actividade voluntaria para facer en familia. Cada nena/o foi traendo refráns e os ía colocando no mes correspondente do refraneiro. O refraneiro quedará na biblioteca para poder continuar enchendo de refráns o próximo curso ou empregalo para algunha actividade.







 

martes, 28 de xuño de 2016

VISITA A VIVEIRO. GALIPIZZAS NO MONTE SAN ROQUE!

O día D: o 6 de xuño, pola mañá ben cedo...
Como dí parte do nome da Irmandade...De Escarabote a Santa Rita partiu do Porto, non un barco, senón un autobús cun grupo representativo do noso cole: o alumnado de 3º curso, a súa titora Ermi e a coordinadora do EDLG, a mestra Sonia.


LIBRO DISCO NA LINGUA DE MANUEL MARÍA!

Libro de grande formato. Páxinas dun papel especial portadoras dos poemas traballados. 40x40 foi a medida acordada. A mesma para as láminas  dos poemas e para as obras plásticas, creativas e con distintas técnicas: debuxo, collage, texturas, materiais de reciclaxe, fotografía...


O contido dos poemas e ilustración.... unha caixa ben decorada: a maleta dos poemas, que logo se ubicará na Biblioteca do colexio, xunto ao disco...

Unha moi boa escolla de poemas. Os preferidos "Os soños na gaiola" en Infantil: O GALO, A LÚA  e O CARRO.

 En Primaria, notouse a influencia de Canta o Cuco e outros poemas musicados por Uxía.
A RODA RODA e MIÑA DOCE AMIGA.



 O MAR escolleron 3º e 4º. O MAR E O VENTO, A DORNA.


 Os poemas dos maiores, os máis comprometidos coa nosa Terra e coa nosa Lingua: GALICIA E
 A FALA.

Ademais dos poemas traballados e a s ilustracións, inclúese o disco Na língua de Manuel María! 
Que como é o do disco? Pois...

luns, 27 de xuño de 2016

CHOVE , QUE CHOVE! VERBAS MOLLADAS





Cando a chuvia é arte e hai centos de nomes para chamarlle! Se chove, que chova! Nós xa temos os paraugas preparados, pingando nomes, os centos de nomes que ten a choiva en Galicia. Non é o mesmo un moallo que un trebón.Nin é o mesmo unha zarracina que un calabobos.

Sabiades que... non sempre chove do mesmo xeito nin coa mesma intensidade? Sabiades que...en Galicia as conversas, os refráns, as letras das cancións e os poemas están cheos de choiva? Pois sí....Con músicas, refráns e o cento de nomes que ten a choiva fixemos unha exposición que gustou moitísimo.

Moito éxito tivo a nosa exposición VERBAS MOLLADAS "PINGA A PINGA"! A banda sonora, a canción de Treixadura, escrita nun enorme cartón, xunto aos carteis e a lista do centro de palabras para chamarlle á choiva e a súa definición.

luns, 20 de xuño de 2016

A VISTA DOS MEUS OLLOS. PAISAXE GALEGA.

Galicia é verde e ten unha fermosa paisaxe, mires pola ventá que mires.
Tanto o alumnado de 3º e 4º do noso cole CEIP de Escarabote coma o alumnado de 3º e 4º do CEIP Plurilíngüe de Galdo , coa chegada da primavera e os días máis longos, observaron as paisaxes desde as ventás das súas casas. Tiraron fotos. Elexiron a mellor vista sobre a que presumir e aprender moito. Observaron, buscaron información sobre as cousas que vían. Preguntáronlle aos maiores, fonte de sabedoría, e procuraron historias e lendas relacionadas con esa paisaxe ou ese lugar. Intentaron describilo logo da observación e da foto. Con axuda da familia prepararon o seu discurso para ser exposto diante dos compañeiros. Logo, intercambiaron as vistas e compararon as paisaxes dos dous colexios.

8M ESCARABOTIÑAS

Mulleres como  protagonistas doutro Proxecto interesante do que hai que aprender.
A celebración do Día da Muller, en Marzo. 8M Escarabotiñas!
Preguntamos a os nenos e nenas que mulleres lles parecerían  interesantes para  que nos visitaran na celebración do 8M. Interesantes propostas reflexaron nos seus cadernos.
Heroínas de Escarabote que nos poderían contar moito dos seus traballos e das súas experiencias. Heroínas anónimas ou por eles coñecidas e recoñecidas. Heroínas de preto e do día a día.

martes, 14 de xuño de 2016

RUEIR@S VIAXEIROS

Sobre un mapa de Galicia queda testemuña das paraxes donde viaxaron os nosos nenos e nenas coas súas familias. Sitios que é preciso visitar, sitios con encanto da Nosa Terra: Fervenzas, espazos Naturais, na costa ou no interior.

As familias trouxeron fotos dos nenos e nenas e o nome do sitio. Logo de presentar a foto  á súa clase e falar un pouquiño da viaxe, búscase a situación xeográfica para poder poñer o puntiño de visita e o fío que leva á fotografía ilustrativa. Situado ese lugar no mapa, aproveitase para observar a que Concello, a que Comarca e a que provincia corresponde. Relacionamos co aprendido nas clases.

A conclusión é que tanto na nosa provincia da Coruña, como na de Pontevedra, na de Lugo ou na provincia de Ourense hai sitios maravillosos aos que  case é obriga ir e disfrutar do verde da natureza e do azul do mar e dos mil ríos que regan a paisaxe galega. 

Os Canons do Sil, as fermosas fervenzas e embalses, A lagoa de Cospeito en Lugo , sobre a que escribía Manuel María, Camelle, Camariñas e toda a Costa,O Grove, A Toxa,  As illas Ons ou As Cíes, As rutas pontevedresas da auga e dos muiños....As termas de Outariz.



Rueiros e rueiras que estiveron aquí ou acolá, en paraxes con encanto, sen saír da xeografía galega.
Agora, diante do mapa podemos establecer rutas por zonas, xuntando varios sitios que visitar nunha sóa viaxe.
O mapa tamén é moi útil para completar contidos curriculares nas aulas, comparar mapas,orientarse,calcular   Kilómetros e comparar  distancias, planificar viaxes...
A expresión oral tamén é importante nesta actividade. É preciso antes de contar un pouco da viaxe ante os compañeiros e compañeiras, preparar o discurso de xeito ordeado, escribilo e ensaiar na casa o que imos contar e como.

Que sitios tan apetecibles para visitar! E canto aprendizaxe!

domingo, 28 de febreiro de 2016

Saimos na prensa! Portada do Barbanza!



Pois aquí estamos! Lorena, Laura e a mestra Sonia Lebedynski na Casa da Cultura de Boiro botándolle unha peza con compañeiras dos coles de Cespón, Abanqueiro e Santa María do Castro.
 O 24 de febreiro asistimos ao concerto-presentación do disco-libro Alegría do músico brasileiro Sérgio Tannus. A mestra Sonia Lebedynski colabora nalgunhas pezas deste libro-disco e acompañou aos músicos do Alegría a cantarlle as nenas e nenos de Boiro.
 Pasámolo xenial e nun dos temas subimos nenos e nenas de todos os coles que alí estabamos...e vaia se cantamos! Ao día seguinte levamos unha sorpresa moi agradable...saíamos na portada do periódico La Voz de Galicia, na súa edición do Barbanza!!Que dura é a fama! ;)
L2, iso quere dicir...a páxina 2 da sección local.
Na versión online atopamos máis fotos na galería de fotos, do concerto e da celebración do Día de Rosalía na Barbanza, incluindo os Obradoiros de poesía.

O libro-disco Alegría

Se queredes facervos con este bonito traballo o tendes dispoñible nas librarías de Boiro:





Para quenes non coñezades este traballo deixamos algúns videos:

 

Alegriiiiiaaa....yes, por moitas nubes que haxa, grandes ou pequenas.

Día da Candeloria. Día do amor en galego

Podemos querer en galego? podemos namorarmos en galego? podemos dicir cousas bonitas a alguén que nos gusta en galego? podemos querer aos amigos e as amigas en galego?...abofé que si! A nosa lingua ten palabras ben fermosas para expresar os sentimentos.
Na primeira semana de febreiro puxémonos a proba...escribimos mensaxes de amor e de amores en galego, compuxemos postais cheas de corazóns que gardan moitos tipos de amores; os amores das amizades, os amores das familias, os amores das parellas...Falamos do amor con naturalidade e en galego...deixamosvos unhas imaxes desta semana tan amorosa!



















 O noso photocall!

















Cantigas e estrofas que falan de amor...













e artísticos corazóns decorados con axuda das familias.