Sobre un mapa de Galicia queda testemuña das paraxes donde viaxaron os nosos nenos e nenas coas súas familias. Sitios que é preciso visitar, sitios con encanto da Nosa Terra: Fervenzas, espazos Naturais, na costa ou no interior.
As familias trouxeron fotos dos nenos e nenas e o nome do sitio. Logo de presentar a foto á súa clase e falar un pouquiño da viaxe, búscase a situación xeográfica para poder poñer o puntiño de visita e o fío que leva á fotografía ilustrativa. Situado ese lugar no mapa, aproveitase para observar a que Concello, a que Comarca e a que provincia corresponde. Relacionamos co aprendido nas clases.
A conclusión é que tanto na nosa provincia da Coruña, como na de Pontevedra, na de Lugo ou na provincia de Ourense hai sitios maravillosos aos que case é obriga ir e disfrutar do verde da natureza e do azul do mar e dos mil ríos que regan a paisaxe galega.
Os Canons do Sil, as fermosas fervenzas e embalses, A lagoa de Cospeito en Lugo , sobre a que escribía Manuel María, Camelle, Camariñas e toda a Costa,O Grove, A Toxa, As illas Ons ou As Cíes, As rutas pontevedresas da auga e dos muiños....As termas de Outariz.
Rueiros e rueiras que estiveron aquí ou acolá, en paraxes con encanto, sen saír da xeografía galega.
Agora, diante do mapa podemos establecer rutas por zonas, xuntando varios sitios que visitar nunha sóa viaxe.
O mapa tamén é moi útil para completar contidos curriculares nas aulas, comparar mapas,orientarse,calcular Kilómetros e comparar distancias, planificar viaxes...
A expresión oral tamén é importante nesta actividade. É preciso antes de contar un pouco da viaxe ante os compañeiros e compañeiras, preparar o discurso de xeito ordeado, escribilo e ensaiar na casa o que imos contar e como.
Que sitios tan apetecibles para visitar! E canto aprendizaxe!
Ningún comentario:
Publicar un comentario