Os galegos e galegas sempre tiramos de refraneiro como parte da nosa conversa habitual. Existen refráns para todo o ano. A sabedoría popular, sobre o tempo, a terra, os traballos , as relacións,...
Refraneiro de Marzo a Febreiro consiste nun gran libro onde se recolleron os refráns que o alumnado foi traendo da casa. Reescrito polos propios pequenos e pequenas.
Tratouse dunha actividade
voluntaria para facer en familia. Cada nena/o foi traendo refráns e os ía
colocando no mes correspondente do refraneiro. O refraneiro quedará na
biblioteca para poder continuar enchendo de refráns o próximo curso ou
empregalo para algunha actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario