luns, 27 de xuño de 2016

CHOVE , QUE CHOVE! VERBAS MOLLADAS





Cando a chuvia é arte e hai centos de nomes para chamarlle! Se chove, que chova! Nós xa temos os paraugas preparados, pingando nomes, os centos de nomes que ten a choiva en Galicia. Non é o mesmo un moallo que un trebón.Nin é o mesmo unha zarracina que un calabobos.

Sabiades que... non sempre chove do mesmo xeito nin coa mesma intensidade? Sabiades que...en Galicia as conversas, os refráns, as letras das cancións e os poemas están cheos de choiva? Pois sí....Con músicas, refráns e o cento de nomes que ten a choiva fixemos unha exposición que gustou moitísimo.

Moito éxito tivo a nosa exposición VERBAS MOLLADAS "PINGA A PINGA"! A banda sonora, a canción de Treixadura, escrita nun enorme cartón, xunto aos carteis e a lista do centro de palabras para chamarlle á choiva e a súa definición.


Paraugas por aula. Nas pingas, os nomes decorados e ilustrados con moito estilo. Polas columnas...refráns e frases onde a choiva está moi presente.




En Galicia...non só chove no mes de Abril.

"Choovee outra veez, logo de ter choviidoo.... " ...E nunca choveu que non escampara!

Ningún comentario:

Publicar un comentario