Mulleres como protagonistas doutro Proxecto interesante do que hai que aprender.
A celebración do Día da Muller, en Marzo. 8M Escarabotiñas!
Preguntamos a os nenos e nenas que mulleres lles parecerían interesantes para que nos visitaran na celebración do 8M. Interesantes propostas reflexaron nos seus cadernos.
Heroínas de Escarabote que nos poderían contar moito dos seus traballos e das súas experiencias. Heroínas anónimas ou por eles coñecidas e recoñecidas. Heroínas de preto e do día a día.
Heroínas de Escarabote que nos poderían contar moito dos seus traballos e das súas experiencias. Heroínas anónimas ou por eles coñecidas e recoñecidas. Heroínas de preto e do día a día.
Nais, Madriñas e avoas. Ogallá puidesen vir a visitarnos todas! Ademáis de traballar nas súas casas e de criar aos seus fillos moitas veces facendo de nai e de pai a un tempo, axudaban á economía familiar sachando na horta, na Conserva ou de dependentas en comercios de Boiro. Algunhas con traballos profesionalmente recoñecidos. Pois, as mulleres de Escarabote e de Boiro sempre foron dunha dureza de mar e terra.
Como non era posible atender a todas as interesantes propostas, pois fixemos unha boa escolla... e programamos obradoiros por ciclos.
No primeiro ciclo tiveron a visita da artista Paula Tubío, A Gata Moscovita que fai verdadeiras chuladas saídas dos areais e do mar. Cada un dos pequenos e pequenas fixeron a súa mini rede de peixiños.
No segundo ciclo tiveron una mañá interesantísima. Primeiro tiveron a visita de Mila Rey, presidenta de AMBAR. Más de 30 anos loitando sola diversidade funcional. Falou, e moi ben falado da súa experiencia personal e logo do plano profesional e os atrancos cos que se encontran as persoas con diversidade funcional. Algúns atrancos eran de despacho, comentaba Mila e logo actitudes de persoas que non entenden a diversidade. Ela mesma contou, na súa experiencia como o duro que foi non mirar para o outro lado. Nai, avoa e presidenta da Fundación. En 3º curso está a súa neta Carla. A mesma Carla, despois da exposición da avoa sorprendeuna co agasallo dunha caixa de bombóns. Foi moi emotivo.
Mentres a visita de Mila en segundo ciclo, o terceiro ciclo recibía a Ana, a nai de Micaela de 2º curso e a polifacética María Jesús que puido contar que estivo tempo embarcada e que na súa vida fixo de todo un pouco, sen importar se os traballos que facía eran "máis propios de homes ou máis propios de mulleres". Os rapaces e rapazas puidéronlle facer preguntas. Rematouse a visita destas dúas mulleres emprendedoras con un obradoiro práctico de un preparado orixinal para adobar carnes ou peixes. A base de aceite de oliva, allo e tomillo. Elas animaron ao alumnado a poñer en marcha un horto ecolóxico polos grandes beneficios que aporta. Aromáticas e culinarias e a base das cociñas con allo, cebolas, patacas, leitugas e tomates. A Terra e o Mar son a fonte dos nosos alimentos. As mulleres sempre foron moi importantes no mar e a conserva, na horta e nas cociñas. Xenial. Cada rapaz e rapaza saiu co seu frasquiño de aceite. Agardarán os 15 días antes do seu consumo? Que ilusión lles fixo!
Este obradoiro do aceite repetiuse tamén para o segundo ciclo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario