Galicia é verde e ten unha fermosa paisaxe, mires pola ventá que mires.
Tanto o alumnado de 3º e 4º do noso cole CEIP de Escarabote coma o alumnado de 3º e 4º do CEIP Plurilíngüe de Galdo , coa chegada da primavera e os días máis longos, observaron as paisaxes desde as ventás das súas casas. Tiraron fotos. Elexiron a mellor vista sobre a que presumir e aprender moito. Observaron, buscaron información sobre as cousas que vían. Preguntáronlle aos maiores, fonte de sabedoría, e procuraron historias e lendas relacionadas con esa paisaxe ou ese lugar. Intentaron describilo logo da observación e da foto. Con axuda da familia prepararon o seu discurso para ser exposto diante dos compañeiros. Logo, intercambiaron as vistas e compararon as paisaxes dos dous colexios.
Presentaron as súas vistas na clase, explicaron aquelo que vían, contaron as historias ou lendas asociadas. Canta variedade. Tanto o cole de Escarabote coma o de Galdo son coles de zona rural. A procedencia do alumnado é moi diversa, distintos lugares e aldeas.
Comparamos as vistas. Poidemos descubrir os mesmos lugares desde perspectivas e ángulos diferentes.
Todas as vistas coas cores corporativas de Galicia...verde prado, verde monte e azul mar...Edificios públicos ou non, emblemáticos ou non.
Vistas de Veiga e de mar.
Pois...é boa verdade que Galicia está olllando ao mar! No caso de Escarabote, ollando ás bateas. Á illa de Arousa.
As vistas de Viveiro ou miran á Ría ou ao Monte Castelo. Lendas do Monte Castelo e do Monte San Roque. Canto aprendemos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario